ANDAINA POLO CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA OU MONACAL
Será o día 25 de xullo, ás 9:30 horas, desde o límite dos termos municipais de Oia e O Rosal
Infogauda / Oia
O vindeiro día 25 de xullo, o Concello de Oia, organiza unha Andaina polo Camiño Portugués pola Costa ou Monacal Costa, o seu paso polo termo municipal de Oia. Serán 10,50 quilómetros de camiño xacobeo.
Lugar e hora de saída: Dende o límite dos termos municipais de Oia co Rosal (PO-552) ás 9:30 horas ata Porto (Mougás).
Haberá servizo de transporte, dende Mougás ó inicio da ruta.
O percorrido será guiado con charla perto do Mosteiro de Oia.
Para máis información e inscricions, dirixirse o Concello de Oia:
cultura@condellodeoia.es
Teléfono: 986362 125
Oficina de Turismo de Oia:
turismo@condellodeoia.es
Teléfono: 986 362 225
Ningún comentario:
Publicar un comentario