21 de xul. de 2015

MOVEMENTOS SOCIAIS

CONCENTRACIÓN DIANTE DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DE PONTEVEDRA

Este martes día 21 de xullo, coincidindo co xuizo á Eugenio Domínguez Viñas

Na imaxe de arquivo, concentración de afectados polas preferentes e subrondinadas, así como polas sancions que lles foron impostas 
Foto: José Luis García Portela

Plataforma de Afectados polas preferentes do Baixo Miño

Dende a Plataforma de Afectados polas preferentes do Baixo Miño informamos: 

 Membros de Plataformas de afectados por preferentes e subordinadas de Galiza participarán na Concentración que se celebrará este martes día 21 de xullo, diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, coincidindo co seguinte xuízo:

Eugenio Domínguez Viñas. Expte. 3914/2013.- Feitos denunciados: “Originar desórdenes graves el denunciado al ser partícipe en una manifestación por preferentes no autorizada provocando alteración del orden público provocando un ruído ensordecedor con artilugios preparados para ello, así como insultando a las instituciones, e increpando a los agentes que no les permitían la entrada al concello, provocando un forcejeo con los agentes para acceder a las instalaciones municipales en la Plaza del Concello, Tui, a las 18:30 horas del dia 30/05/2013".

 Así pois  facemos un chamamento á tódolos colectivos, organizacións políticas, movementos sociais, sindicatos, e á sociedade en xeral, a amosar  a  súa indignación e apoio ante tales feitos aberrantes para que se unan á concentración convocada  diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra.           

 Estas e outras persoas, tamén de outras Plataformas, foron represaliadas polas distintas administracións públicas gobernadas polo PP, mediante as multas e sancións administrativas que se lle impuxeron inxustamente a preferentistas por participar en actos pacíficos de protesta. O importe total desas multas en Galiza ronda os 20.000 euros e esiximos a súa retirada.  

 Para que isto non volte a acontecer, a Plataforma do Baixo Miño fai un chamamento a participar nesta nova movilización en solidariedade cos sancionados por defender os aforros dos galegos, e condenar con eles/as a represión que seguen a sofrir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario