4 de maio de 2015

GONDOMAR

O mundo mariño pecha as TERTULIA do IEM 2014/2015  coa visita do profesor Victoriano Urgorri

Profesor Victoriano Urgorri Carrasco

IEM / Gondomar

 O vindeiro venres 8 de maio péchase o ciclo de TERTULIAS 2014-2015 coa visita do profesor Victoriano Urgorri, esperto no eido da zooloxía mariña e a oceanografía. O faladoiro dará comezo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa presentación do biólogo mariño e membro do IEM, Alfredo López “Tokio”. Trala celebración da TERTULIA compartirase unha cea co invitado no Pazo da Escola en Mañufe.

 Victoriano Urgorri Carrasco, (Cabana-Ferrol, 1951) é un científico galego, profesor de zooloxía mariña na Universidade de Santiago de Compostela. Participou en 19 expedicións científicas en Irlanda, Ceuta, Antártica, Portugal, Concas Abisais de O Cabo, Angola e Guinea e fondos profundos de Galicia. É autor de diversas publicacións entre as que pode destacar 6 libros e 119 artigos en revistas científicas nacionais e internacionais.

Cea: Para asistir á cea con Victoriano Urgorri tralo faladoiro débese reservar  praza no teléfono 986 360 575 ou ben no correo electrónico direccion@minhor.org . Pregamos facelo antes do vindeiro xoves pola noite.

Ningún comentario:

Publicar un comentario