5 de maio de 2015

GOIÁN

UNHA COMEDIA FRANCESA NO CINECLUB POLEIRO



 Cineclub Poleiro / Goián

 O próximo xoves, 7 de maio, o cineclub Poleiro proxecta no auditorio de Goián , ás 21:30 horas,  unha película francesa titulada Guillaume, y los chicos ¡a la mesa! (2013)

 Está dirixida por Guillaume Gallienne . É una comedia  biográfica sobre o cineasta e artista que a dirixe. Céntrase sobre todo na estreita relación que tiña o director  coa sua nai. Trátase dun percorrido polas emocións , os recordos e a familia.  Mostra os seus recordos máis embarazosos para facernos rir con intelixencia. Acadou cinco premios César, incluido o de mellor película.

 O director conta que o primeiro recordo que ten da súa nai é de cando tiña catro ou cinco anos: Chamábanos á mesa dicindo: “Niños, Guillaume, ¡ a cenar! E a derradeira vez que falei con ela por teléfono colgou dicindo: “Cuidate, miña nena grande”. E, claro, entre eses dous momentos houbo moitos malentendidos.


 O ciclo remata o xoves 4 de xuño, ás 21:30 horas, proxectamos Alabama Monroe (2012)un drama romántico belga dirixido por Felix Van Groeningen. Narra a historia de amor entre Elise e Didier. Ela ten unha tenda de tatuaxes, él toca o banjo nunha banda. O seu é amor a primeira vista, malia as suas diferencias. El fala, ella escoita.El é ateo e un inxenuo romántico. Ela ten unha crus tatuada no pescozo e os pes no chan. A sua felicidade complétase cando nace Maybelle pero non todo vai ben. Acadou o premio César á Mellor película extranxeira e o Premio do Público no Festival de Berlín de 2013.

O bono para as dúas películas custa seis euros

Ningún comentario:

Publicar un comentario