11 de maio de 2015

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

TRASPÉS DOS INFANTÍS DE A GUARDA HOCKEY LIÑA

Un lance do segundo encontro
Foto: A Guarda Hockey Liña

A Guarda Hockey Liña / A Guarda

 Dúas derrotas dos infantís da Guarda no inicio da Liga Galega de Hockey Liña. 

 No primeiro partido celebrado no Pavillón Daniel Cordido de Lugo, o equipo guardés recibiu un serio correctivo do Lóstregos de Lugo sendo derrotados por un contundente 11-0. 

 Mais doloroso foi o resultado do segundo encontro fronte o Meigas de Lugo, xa que os canteirans da Guarda Hockey Liña chegaron a ir por diante por dous tantos a cero. A pesares disto a excelente actuación da porteira do equipo lucense e a presión exercida polo equipo lucense nos minutos finais do partido decantaron o marcador a favor do Meigas ata o resultado final de 4-2.

Cara e cruz para o equipo masculino no inicio da Liga Galega de Hockey Liña

 O equipo guardés voltou de Lugo con tres puntos tras a derrota por 3-7 contra os Cabuxos de Lugo nun bronco partido no que o equipo da Guarda desperdiciou a ventaxa acadada no primeiro tempo.  

 Outra historia foi o segundo encontro, derbi local contra Vigo BlueRinged no que os da Guarda Hockey Liña se impuxeron con autoridade por 11-4.

Ningún comentario:

Publicar un comentario