10 de maio de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA Á REVISIÓN DE VARIAS INCIDENCIAS NAS RÚAS RECENTEMENTE ASFALTADAS

"(...) a fin de comprobar en que estado quedaron as rexillas e tapas na maioría dos casos e procedan a resolver o “problema” que na “desesperada electoralista” crearon nún bó número de lugares do noso pobo".


Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
 Responsable Local de Converxencia Galega


Infogauda / A Guarda

 Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega ven de facer público o contido da comunicación dirixida o alcalde de A Guarda, sobor duns recentes traballos feitos en varios lugares do termo municipal, afirmando o seguinte:

¡¡¡OLLO, CUIDADO CO “CHAPAPOTE”!!!    

 Nestes días en que a “desesperada” se está cubrindo tódalas rúas, especialmente,  na zona do rural, de asfalto ¡¡xa miraremos canto dura!!  e nas que daba igual o estado das mesmas, moitas delas, nin se tomaron a molestia de nivelalas e logo salíu o “chollo” como saíu.

 Nalgúns casos, a herba e os toxos están brotando a maior rapidez que o secado do asfalto, noutras, "(…) por mis coj…!!! ordenou que se puxera todo negro sin chamar nin na casa, polo que algún veciño/a para sacalo coche, xa fixo a inauguración da rúa…

 Agora, estamos recibindo “información-queixa” do ben que nalgúns puntos de Salcidos e tamén en Camposancos, quedaron as tapas de rexistro, rexillas de alcantarillado, e outros implementos que pasaron a “traballar de mineiros” xa que quedaron tapados por uns centímetros de chapapote, e logo o facer comentarios na rúa, resulta que a maioría da xente ca que falamos e vive nalgún dos sitios “premiados co asfalto” comentaban da “desaparición” destes artefactos.

 Dende Converxencia Galega, vimos a solicitar do Departamento de Vías e Obras, para que dén unha “turneé” polas rúas, camiños e entradas de leiras, a fin de comprobar en que estado quedaron as rexillas e tapas na maioría dos casos e procedan a resolver o “problema” que na “desesperada electoralista” crearon nún bó número de lugares do noso pobo.

A Guarda, a 09 de maio do 2.015   

  
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
 Responsable Local de Converxencia Galega



Sr. Alcalde do Concello de A Guarda   

Ningún comentario:

Publicar un comentario