24 de abr. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA SÚA CANDIDATURA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 

Será o sábado día 25 de abril, ás 8 da tarde no Centro Cultural de A Guarda

Celso R. Fariñas, candidato á alcaldía - no centro da imaxe -, xunto coas persoas que configuran os primeiros postos da candidatura de Converxencia Galega, de A Guarda


 O vindeiro sábado día 25 de Abril as 8 da tarde no Centro Cultural, terá lugar a presentación da candidatura de Converxencia Galega no Concello de A Guarda para as vindeiras Elección Municipais do 24 de maio.

 Queremos resaltar que o Grupo Municipal de Converxencia Galega, ten demostrado nestes catro anos a súa capacidade de control, fiscalización e de presentar iniciativas para procurar mellorar a calidade de vida dos/as guardeses/as, dado que das Mocións presentadas o Pleno do Concello de A Guarda sobre temas locais e do Baixo Miño, case o 90% foron presentadas por este Grupo Político. Así mesmo, temos levado o Rexistro Municipal, máis de 450 escritos sobre alternativas, denuncias, abandonos, desperfectos, averías e situacións similares en instalacións, equipamento e mobiliario urbano público.

 Noso local estivo nesta derradeira lexislatura, máis de mil días aberto para atender os/as veciños, especialmente dando explicacións sobre o Plan Xeral de Ordenación Urbana, que nos pretendemos que sexa un instrumento que axude a disfrutar de A Guarda e non a sufrila, xa que queremos que se poidan facer vivendas unifamiliares en parcelas de 300-400 m/2 e que esas obras sexan feitas polas pequenas empresas da construccións radicadas no noso pobo e non por grandes constructoras vidas de fora.

 Queremos destacar que o noso Grupo Político aporta a esta candidatura un grupo de homes e mulleres que levan traballando xuntos case catro anos, na procura de convertirse nunha alternativa e opción real de goberno municipal no Concello de A Guarda.

 Nosa proposta municipal vai encabezada por Celso R. Fariñas, acompañado nos cinco primeiros postos por: Beatriz Estévez Álvarez (actual concelleira e adestradora de balonmán), Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu” (Responsable Local do partido), Josué Alvarez Alvarez (profesor de danza e monitor de actividades físicas) e María Álvarez González (profesora de E.G.B.), arroupado por un grupo de homes e mulleres dispostos a dar o mellor de sí por conseguir que A Guarda teña futuro, facendo propostas de apoio ao pequeño comercio, axudando a aqueles que sufren as consecuencias da crise. 

 Porque a candidatura está composta por “xente coma tí” te esperamos o sábado 25 as 8 da tarde no Centro Cultural.

Xosé María Martinez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario