7 de abr. de 2015

PEITIEIROS (GONDOMAR)

O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros convoca o II Certame literario  co obxecto de conmemorar o Día das Letras Galegas 


Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros / Gondomar

 Até o próximo día 3 de maio está aberto o prazo para concorrer ao II Certame Literario convocado polo Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros, que ten por obxecto conmemorar o día das Letras Galegas.  

 Poderán participar todas as persoas que o desexen, co único requisito de seren veciñas e veciños de Gondomar e presetnar unha obra en galego que non exceda as dúas páxinas.   

 Establécense tres categorías: até os 12 anos, entre 12 e 18 e maiores de 18. A resolución do certame e a entrega de diploma e premio será o día 10 de maio, ás 19 horas, durante o acto que se celebrará no Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros.  

 No xurado participarán persoas de recoñecido prestixio.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario