PRÓXIMOS CONCERTOS DE CRASH COVER BAND E ALÉN DO SON
Crash Cover Band
Infogauda / A Guarda
CRASH COVER BAND ACTUARÁ NO PUB AZZARO, NA RAMALLOSA
9 de abril en pub Azzaro (Avda. Portugal 31 - A Ramallosa),
Crash Cover Band
Crash Cover Band e unha banda formada a comezos de 2014 e que percorre a música de clásicos populares do pop, rock, soul, funk ou mesmo da música latina. Con este concepto o grupo crea un gran espectáculo musical onde a arte escénica e a música van da man.
A banda esta formada por: Kike Morillas (guitarra e baixo), Tito (guitarra e baixo), Arturo Rua (teclados), Jose Stewart (batería), Davinia Delgado (voz) e Miguel Rodríguez (voz).
Nesta banda tamén teñen colaborado músicos como Alejandro Feijoo (teclados), Anxo Morales (percusión) ou o inconfundible Jaime Moreno (guitarra e son).
Alén do Son
Foto: Henar Lomba
Foto: Henar Lomba
ALÉN DO SON ACTUARÁ NA CASA DAS CRECHAS
10 de abril en Casa das Crechas (Rúa da Vía Sacra 3 - Santiago de Compostela.
Alén do Son
Alén do Son nace a finais de 2013 no municipio - A Guarda - máis meridional da provincia de Pontevedra, nunha fronteira natural na que conflúen as ricas tradicións portuguesa e galaica.
O trío, intensamente colaborativo - formado por Jose Stewart, Arturo Rúa e Kike Morillas - busca constantemente normas que romper e fronteiras que traspasar, unindo xéneros e técnicas á vez que explorando as inmensas posibilidades dos músicos que o conforman.
A banda está liderada por Jose Stewart na batería e Arturo Rúa no piano e nos teclados, ámbolos dous na creación musical.
Entendendo a música coma un todo e partindo do jazz, a exploración camiña da man da ampla experiencia previa dos seus fundadores: a música africana, o funk, a música da India (Stewart) e a tradición clásica e o flamenco (Rúa), todo isto, “(...) sen perder de vista as nosas raíces”.
Esta suma de experiencias e diferentes tradicións, unido ao amplo bagaxe musical dos seus membros, é a que lle outorga o seu son único e particular, alonxándoo dun xénero musical definido, e facendo dos seus directos unha viaxe de estilos cunha remarcada seña de identidade.


Ningún comentario:
Publicar un comentario