ONTE FOI O XUIZO A DOMITILA, ANA, MEY, ASENSIO I EUGENIO
Domitila Vicente, unha anciá de 82 anos, que se move coa axuda de un andador, protagonista involuntaria dos informativos de onte - Foto José Luis García Portela
José Luis García Portela / Pontevedra
Medio cento de preferentistas da Plataforma do Baixo Miño, Plataforma de Compostela e Plataforma do Salnés acudiron na mañá do martes día 7 de abril, aos xulgados do Contencioso-Administrativo de Pontevedra para amosar o seu apoio a 5 compañeiros sancionados por graves alteracións da orde.
Acudiron tamén moitos medios de comunicación, prensa, radios e televisións (TVE, Cuatro, VTelevisión, TVG, LaSexta, EFE, unha equipa da productora Atlas,...).
Ana Belen Álvarez e Fernando Asensio, na concentración de onte pola mañá
Foto José Luis García Portela
O primeiro dos xuizos, o máis mediático, comezou ás 10:08 horas, e nel a sancionada Domitila Vicente presenta demanda contra a autoridade sancionadora (a Subdelegación de Goberno de Pontevedra) pola sanción de 200€ que lle foi imposta en xullo do 2013. Nesa ocasión, e nunha concentración ás portas do Concello do Rosal, a anciá foi expedientada por desobedecer en 3 ocasións aos axentes que lle impedían o paso ás dependencias municipais. O Concello permanecía valado e protexido por un cordón policial, que segundo a denuncia, tentou evitar a sancionada. A anciá ten 82 anos e camiña con axuda dun andador debido á osteporose, feito que foi probado con informes médicos ante a Subdelegación de Goberno.
A abogada demandante (representante de Domitila) pediu a nulidade da sancións mentras que a abogada demandada (abogada do Estado) pedia a nulidade da demanda. As testemuñas desta, os axentes sancionadores, non se presentaron. Pola banda de Domitila, actuaron como testemuñas Xulio Vicente e Antonio C., veciño do Rosal e alleo á Plataforma do Baixo Miño.
Xulio Vicente, atendendo os traballadores dos medios de comunicación social
Foto José Luis García Portela
No seu testemuño, Xulio dixo que coñece a Domitila dende que anda coas preferentes, non antes. Que pode camiñar 2 minutos sen andador, pero cansa e non pode estar de pe, que para subir ao Concello colle o ascensor e nas manifestacións vai no coche da megafonía. Que a concentración habitualmente transcurría de forma pacifica, que ese día o único momento de tensión protagonizouno el mesmo, ao pedir aos axentes que un home afectado por un golpe de calor podese ser atendido por un médico que chegou, dentro do Concello.
A preguntas da abogada do Estado, Xulio engadiú que eran entre 40 e 50 manifestantes cada día, que botaron pechados no Concello dende decembro do 2012 ata xunio do 2013, cando, a petición da Guarda Civil, os preferentistas que durmian no Concello o abandoaron sen altercado ningún.
A segunda testemuña Antonio C. era un ancián , veciño do Rosal, que entrou na sala co axuda dun andador. Ante as preguntas da abogada de Domitila sobre se coñecía á sancionada, contestou cun expresivo "Sí, unha inútil coma min". A testemuña declarou que el pasa de cotío pola Praza do Calvario, frente ao Concello, e aquel dia viu a Domitila xunto a unha árbore da alameda, non xunto ao valado nen ao cordón policial, que no tempo que estivo alí, nona viu insultar nen intentar entrar no Concello, que permanecía aberto sen que os manifestantes impedisen o normal tránsito de público. A abogada do Estado non fixo preguntas e tralos alegatos finais das partes o xuizo quedou visto para sentenza.
Tras uns intres, íase celebrar o xuizo de Ana Álvarez e outro pola demanda do seu pai Américo Álvarez ("Mey") e un terceiro xuizo a Fernando Asensio, pero aos poucos minutos a xuiza deunos por vistos para sentenza pola caducidade dos prazos.
O seguinte xuizo foi o de Eugenio V. por unha presunta agresión, no que testificou un axente da Policía Local de Tui e ramatou ás 11:35 h.
Xa nas portas do xulgado, os preferentistas atenderon a prensa, concedendo máis entrevistas. Tras isto, so quedaron unhas dúas ducias de membros da Plataforma do Baixo Miño que, despois dunha espera de case dúas horas, entraron nunha conexión en directo para o programa "Las mañanas de Cuatro" ás 13:45, no que falou Domitila. Arredor das 14 horas, voltaron todos para os seus fogares.
A próxima xornada en Pontevedra será o vindeiro 23 de abril, cando se van celebrar outros 8 xuizos.



Ningún comentario:
Publicar un comentario