CONCENTRACIÓN DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS
Este martes 7 de abril, ás 10:00 h., diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra
Coincidindo co xuízo de cinco preferentistas do Baixo Miño sancionados inxustamente por participar en actos pacíficos de protesta
Na imaxe, varias persoas afectadas polas preferentes e subordinadas, nunha concentración anterior - Foto: José Luis Gracía Portela
Dende a Plataforma de Afectados polas preferentes do Baixo Miño informamos:
Membros de Plataformas de afectados por preferentes e subordinadas de Galiza participarán na concentración que se celebrará este martes día 7 de abril, ás 10:00 horas, diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, coincidindo co xuízo de cinco preferentistas do Baixo Miño sancionados inxustamente por participar en actos pacíficos de protesta.
Así pois, facemos un chamamento á tódolos colectivos, organizacións políticas, movementos sociais, sindicatos, e á sociedade en xeral, a amosar a súa indignación e apoio ante tales feitos aberrantes para que se unan á concentración convocada diante do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra. Coincidindo así cos xuízos de Ana Belén Álvarez (veciña do Rosal), Américo Álvarez (veciño do Rosal), Eugenio Domínguez Viñas (veciño de Tui), e Domitila Vicente Franco (veciña da Guarda), acusados por desordes graves nos concellos do Rosal e Tui.
Cabe destacar de todas elas a sanción de Domitila Vicente, unha guardesa de 82 anos, que ten que valerse dun andador para poder camiñar, acusada de saltar un cordón policial por dúas ocasións para entrar na casa consitorial do Rosal. Ou o caso de Fernando Asensio, recén operado dun tumor canceríxeno, foi sancionado por sentarse ao carón dos soportais da casa do Concello.
Domitila Vicente Franco, 82 anos
GZ Vídeos
Estas e outras persoas, tamén de outras Plataformas, foron represaliadas polas distintas administracións públicas gobernadas polo PP, mediante as multas e sancións administrativas que se lle impuxeron inxustamente a preferentistas por participar en actos pacíficos de protesta. O importe total desas multas en Galiza ronda os 20.000 euros e esiximos a súa retirada.
Para que isto non volte a acontecer, a Plataforma do Baixo Miño fai un chamamento a participar nesta nova movilización en solidariedade cos sancionados por defender os aforros dos galegos, e condenar con eles/as a represión que seguen a sofrir.
Plataforma Baixo Miño

Ningún comentario:
Publicar un comentario