12 de abr. de 2015

DEPORTES

REMO

DOBLE CITA DEPORTIVA PARA O CLUB DE REMO ROBALEIRA

Fotografía de remo olímpico, xentileza de VRsport Rowing

Club de Remo Robaleira / A Guarda
  
 Esta fin de seman houbo doble cita deportiva para o Club de Remo Robaleira, de A Guarda. 

 Os remeiros de remo olímpico, Jaime de Haz e Nuria Domínguez, acudiron convocados coa Selección Nacional a cita internacional de remo olímpico XXIX Memorial Paolo D´Aloja celebrado en Piediluco (Italia). 

 Na xornada de hoxe, Nuria Domínguez, acompañada de Anna Boada no 2-  acadou a prata nunha gran regata. 

 Por outra parte Jaime de Haz en 2- acadou praza para a final. 


 Por outra parte no territorial sur de Bateis celebrado en augas de Vilaxoán (Vilagarcía), a tripulación de banco fixo, Xuvenil féminas composta por Bea, María, Paula, Dennis, e Raquel; a tripulación xuvenil masculina composta por Fran, Adrián, Fernando e Gabriel, con Nando como patrón, e a tripulación cadete masculina, composta por Martín, Miguel, Nico e Hugo, con Carlitos como patrón, acadaron praza para as finais que se celebraron este domingo as partir das 11:00. 

 Compre sinalar que catro plazas por categoría son as dispoñibles para a cita da vindeira seman co campionato galego, a celebrar de novo en augas de Vilaxoán. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario