"UNHA MIRADA SUBXECTIVA DO COTIÁN", DE ALBERTE ALONSO PEREIRA, PODERÁ VISITARSE EN LISBOA
Infogauda
O mes de abril, emblemático en Portugal, acollerá a exposición "Unha mirada subxectiva do cotián", do fotógrafo guardés, Alberte Alonso Pereira.
A mostra estará do 11 ao 30 de abril, no salón nobre da Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa, sita na Rúa Júlio de Andrade, nº 3, en Lisboa, nun palacete construído en finais do s. XIX.
Ningún comentario:
Publicar un comentario