A DEPUTACIÓN DESTINA 21.500 € PARA
AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA NO BAIXO
MIÑO
O organismo
provincial aprobou a primeira liña de axudas
básicas de emerxencia para atender as necesidades dos veciños de A Guarda, Oia e Tomiño.
Infogauda / Pontevedra
Na xunta de goberno celebrada esta mañá, a Deputación de Pontevedra aprobou destinar 259.000 euros a 38 concellos de menos de 20.000 habitantes para cubrir as demandas de carácter urxente e puntual das persoas nunha situación de exclusión social ou en risco de estalo, con especial atención ás familias con menores ó seu cargo.
Quérese así, prestar apoio ás familias e persoas que nunha situación de dificultade económica poidan cubrir o pago de necesidades básicas como a alimentación, o uso da vivenda ou a atención sociosanitaria. Á vez que se apoia a continuidade dos menores no su entorno familiar ó abonar os gastos que garante a súa permanencia no fogar.
No acordo aprobado hoxe, as cuantías destinadas a cada un dos concellos beneficiarios oscilan entre os 5.500 euros e os 8.500, en función da poboación e a taxa de paro, en relación ó total da súa poboación, e respetando as cantidades subvencionadas na convocatoria anterior.
|
CONCELLO
|
CANTIDADE SOLICITADA
|
|
Guarda, A
|
7.500 €
|
|
Oia
|
6.000 €
|
|
Tomiño
|
8.000 €
|
1.800
familias beneficiarias
Con estas axudas, en 2014, atendeuse
a unhas 1.800 familias da provincia . As persoas usuarias beneficiarias destas axudas básicas de emerxencia serán
persoas maiores de idade empadroadas en calquera dos municipios solicitantes,
que xestionen a súa demanda a través dos servizos sociais comunitarios
municipais do seu concello e que carezan de ingresos suficientes para lles
facer fronte ós gastos polos que se solicita a axuda.
Alimentación, Farmacia, Vivenda, Infancia,...
Teñen prioridade no reparto deste fondos, as axudas destinadas a Alimentación (compra de alimentos, con
especial atención á adquisición dos perecedoiros como complemento ás achegas de
entidades de iniciativa social así como de alimentos para bebés ou persoas con
dietas especiais debido a restricións alimenticias prescritas por un
facultativo (celíacos, diabéticos, etc.). E tamén para uso da vivenda (destinadas a
posibilitar que se continúe na vivenda habitual; e para o pagamento de débedas
de alugueiro que impidan o desafiuzamento, para o pago da hipoteca, de maneira
excepcional, cando a contía dunha das cotas sexa inferior a 450 € e a débeda
non sexa maior de seis cotas; para pago de recibos que eviten a perda de
subministracións básicas da vivenda e paliar situacións de empobrecemento
enerxético: recibo de electricidade, gas, gasóleo ou auga; para pago de produtos de hixiene e limpeza (destinados á
compra de produtos básicos de uso común para a limpeza da vivenda (lixivia,
líquido lavalouza e outros) así como de produtos de aseo persoal (xabón,
desodorizante, produtos de hixiene feminina, etc.).; para pago de farmacia;
adquisición de electrodomésticos básicos; e incluso pago de desprazamentos a
recursos asistenciais ou sanitarios fóra do propio concello cando sexan debidos
a tratamentos, xestións ou actividades que non poidan ser levadas a cabo dentro
deste. As axudas poden ser tamén para apoio á infancia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario