CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA O "BOICOTEO ÁS PROPOSTAS PLENARIAS" QUE PRESENTARON POR REXISTRO
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu” afirma que os do grupo de goberno "(...) sempre contaron ca complicidade doutros concelleiros/as doutros grupos para así “tapar” a súa inactividade e total nulidade coñecida por tódolos/as guardeses/as"
Infogauda / A Guarda
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega afirma que "dende o inicio da lexislatura, o Grupo de Converxencia Galega tivo que vir soportando todo un procedemento de obstrucción e intento de silenciar a súa actividade e presentación de iniciativas no Pleno por parte do Goberno do PSOE co silencio complacente do PP e BNG".
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu” afirma que os do grupo de goberno "(...) sempre contaron ca complicidade doutros concelleiros/as doutros grupos para así “tapar” a súa inactividade e total nulidade coñecida por tódolos/as guardeses/as"
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega afirma que "dende o inicio da lexislatura, o Grupo de Converxencia Galega tivo que vir soportando todo un procedemento de obstrucción e intento de silenciar a súa actividade e presentación de iniciativas no Pleno por parte do Goberno do PSOE co silencio complacente do PP e BNG".
Segundo o devandito portavoz de Converxencia Galega, "a inutilidade dalgún grupo e a incapacidade do PSOE para poñer en marcha o progreso para A Guarda, lles molestaba que nos fóramos “un grán” molesto que permanentemente denunciaba as “desfeitas” que cometían e presentábamos propostas para mellorar o nivel de vida dos veciños/as do noso pobo.
Dalgunhas propostas que con aptitudes –provocadas a veces polo exceso de “esencia de uva do Val do Rosal” na boca dalgún concelleiro e por posturas tiránicas de quen se proclama “progresista” e da cobardía dalgunha voceira municipal, tivemos que escoitar e soportar situacións que non se deron no noso Concello cando eles eran oposición nin nos momentos máis oscuros da época democrática. Revisando Actas de Plenos e preguntando a concelleiros doutras épocas, ninguén nos comentou que se impedira levar calquer tipo de moción o Pleno, nín por vía de urxencia, ainda que despois non superaran o trámite legal, e para elo, sempre contaron ca complicidade doutros concelleiros/as doutros grupos para así “tapar” a súa inactividade e total nulidade coñecida por tódolos/as guardeses/as".
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu, afirma igualmente: "Un pequeno repaso as hemerotecas dos xornais e páxinas informativas dixitais da nosa comarca, son fieis testigos do que expoñemos anteriormente, xa que Mocións presentadas a Pleno por Converxencia Galega que –quedaron sobre a mesa para logo xamais permitir que se levaran para o seu debate, ou nas que votaron en contra por partir deste Grupo Político- podemos sinalar unhas cantas, e para coñecemento dos/as guardeses/as, imos expoñer algunhas que consideramos de interés:
1ª.- Moción co R/E nº 5823 do 7 de octubre de 2014, SOBRE SEGURIDADE VIAL, colocación de protectores blandos nos gardarraís que existen no Concello.
2ª.- Moción co R/E nº 0240 do 13 de xaneiro de 2015, SOBRE A ELABORACIÓN DE UN PROGRAMA DE REVISIÓN, INSPECCIÓN E SUSTITUCIÓN DE POSTES DE TENDIDO ELÉCTRICO E DE ILUMINACIÓN PÚBLICA. Para que as empresas propietarias dos postes revisaran as súas instalacións e sustituiran aqueles que son raíles vellos de tren ou madeiras carcomidas que non ofrecen seguridade, e colocaran postes que se adaptaran as novas esixencias técnicas de seguridade.
3ª.- Moción co R/E nº 0247 do 13 de xaneiro do 2.015 para instar os Gobernos de España e da Xunta para FINANCIA-LOS TRATAMENTOS PARA OS PACIENTES CON HEPATITE C (sen palabras).
4ª.- Moción co R/E nº 1550 do 12 de marzo do 2.015 para FRACCIONAMENTO DO PAGO DAS TAXAS E IMPOSTOS MUNICIPAIS. Deixar claro que esta mesma moción a presentamos o 28 de marzo do 2.014 (¡¡fai un ano..!!) para que poidera ser estudiada e ¡¡mellorada!! pola Concelleira de Facenda e os portavoces do PP e BNG, pero o final, temos que falar de “aportes -0-“ para que logo o Sr. Freitas, Alcalde moi democrático e moi defensor dos veciños/as, especialmente dos que teñen menos e non poden facer fronte as taxas e impostos municipais dunha soa tacada, veta que esa moción volva a Pleno co silencio complacente e a complicidade do PP e BNG".
"Todo o anterior é preciso que sexa de coñecemento dos veciños/as de A Guarda - afirma Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu" - para que poidan comparar a laboura municipal de cada Grupo Político e a súa implicación nos problemas reais do pobo e da comarca.
Nestes catro anos de lexislación 2011/2015, podemos decir que as mocións e iniciativas presentadas no Rexistro Municipal sobre A Guarda e o Baixo Miño, cerca do 90% foron presentadas por Converxencia Galega, polo que “é normal” que diante do traballo político serio e implicado no noso pobo e nos concellos limítrofes, os demais grupos intenten ocultar a súa incapacide e inutilidade política, principalmente nos temas locais".

Ningún comentario:
Publicar un comentario