9 de abr. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PREGUNTA:¿QUEN MANDA REALMENTE NO CONCELLO?

Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable local de Converxencia Galega

Infogauda / A Guarda

 Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable local de Converxencia Galega, presentou no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte interpelación:

¿QUÉ PASA COS CONTENEDORES DA SANGRIÑA?

 Dende Converxencia Galega, en máis dunha ocasión nos temos feito a mesma pregunta: ¿Quen manda realmente no Concello? 

 Esta pregunta ven polo que está acontecendo no lugar da Sangriña, despois de que se levaran a cabo as obras de asfaltado e pintura no chán para sinalar as zonas de aparcamento, o Alcalde dí unha cousa, o Concelleiro de Vías e Obras, outra, e o final, os afectados/as son os que precisan acudir a ese lugar e se ven afectados polas órdenes contradictorias entre os do Grupo de Goberno do PSOE para demostrar que ten máis poder.    
              
 Os comentarios que nos teñen chegado son diversos e con xeración de molestias a moitas persoas, e logo veñen preguntas que na súa resposta, como se decía fai algún tempo, ¡¡adepende!! ¿Quen decidiu cambiar de ubicación os contenedores? ¿Será posible que o candidato do goberno municipal deuse conta agora que donde levaban tantos anos, agora son anti-estéticos?

 O anterior é “un lixo” –nunca mellor dito- en comparación con outros temas que están acontecendo o “remate das obras” ¿Que explicación nos podería dar o Concelleiro, Mestre e Candidato “Gubernativo” pola eliminación dunha das dúas plazas de aparcamento reservadas para minusválidos?

 ¿Tan difícil é que denantes de face-las obras, se leve a cabo unha consulta con quen son usuarios destes lugares, escomenzando primeiro cos ¿colegas? do Centro de Ensino?  ¿Ou será que o Concelleiro que “lasquea” en Balaídos, sabe a fondo as necesidades da Sangriña? ¿Levaría con él o seu “asesor” de Transporte “busero”?

 Hai cousas que non teñen moita explicación, salvo que se trate de “iso é así, por mis co...”


A Guarda, a 9 de abril do 2.015  

  

Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable local de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente 
Sr. Concelleiro de Vías e Obras 
Sr. Concelleiro de Ensino 
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario