14 de abr. de 2015

A GUARDA

NUEVO CEDES (cap.12): PREPARANDO UN NOVO LANCE

                  Proxecto Socheo
                  VÍDEO

 Proxecto Socheo / A Guarda

 Na nosa canle de youtube continuamos subindo contidos. 

 Presentamos a videobitácora do Nuevo Cedes, un barco de pesca da Guarda. Este barco faenaba no océano Atlántico e se dedicaba ao palangre co que pescaba sobre todo peixe espada e marraxos. O que vemos é un diario de abordo realizado con moita intención por parte dos protagonistas para testemuñar as incidencias e peculiaridades do seu traballo. Unhas gravacións feitas no ano 1997.  

 Lembramos que videobitácoras son uns diarios de abordo realizados durante distintas marés. Un fenómeno audiovisual guardés case desocoñecido ao que o Proxecto Socheo contribuíu a dar relevancia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario