16 de abr. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN VARIAS MEDIDAS PARA ACADAR UNHA MAIOR SEGURIDADE VIAL 


Infogauda / A Guarda

 Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega ven de presentar no rexistro municipal do Concello de A Guarda á seguinte comunicación:


VISIBILIDADE NOS PASOS DE PEONS    



 Despois de que se estivera “adecentando a cara das rúas con vistas as eleccións”, temos topado con veciños/as que nos teñen feito todo tipo de comentarios dos “traballos de asfaltado e pintura” que nos últimos días os Concelleiros de Vías e Obras, teñen desenrrolado, principalmente nos seus barrios para facer esquecer o abandono que tiveron aos seus paisanos/as nos oito (8) anos de des-goberno.

 Agora que están de “oferta” ainda que xa “xubilou” o especialista en tráfico de autobuses, creemos que se debera estudiar de novo a solución que tralo seu asesoramento se plantexou na rúa Concepción Arenal, a altura da Plaza de D. Avelino Vicente e na intersección ca rúa Domínguez Fontela.

 Dende Converxencia Galega, consideramos que se teñen dado diversas situacións de risco para os vehículos que xiran no lugar en dirección a rúa Galicia, cando os autobuses están aparcados o remate da zona reservada que impide a visibilidade hacia as persoas que están cruzando no paso de peóns. 


 Consideramos que o quedar tapada a sinal de advertencia deste paso pola altura do bús, os conductores de motos e vehículos –especialmente os que non coñecedores da existencia do paso de peóns- o rematar o xiro, en moitas ocasións teñen que clavar os frenos para evitar un percance de alto risco pola cantidade de persoas que cruzan neste lugar, de gran afluencia de público.

 E evidente que estamos diante dunha situación de alto risco para a seguridade vial, polo que creemos que se deben tomar unha serie de medidas eliminar ou rebaixar ao máximo a perigosidade existente neste lugar, especialmente as preventivas denantes de que aconteza algo superior aos sustos que se teñen dado ata agora, -sempre e cando o Concelleiro de Tráfico e séus “muchachos” plantexan algunha alternativa mellor. 

Dende Converxencia Galega, consideramos que existen varias alternativas para mellorar esta situación, que son:

a).- Retrasar a posición de estacionamento dos buses entre 4-5 metros para posibilitar que a sinal existente sexa visible.

b).- Facer que o paso de peóns teña un resalte elevado.

c).- Que a sinal vertical que indica o paso de peóns teña máis apertura hacia a rúa Concepción Arenal para que realmente cumpla a súa función de advertencia.


Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu” 
Responsable Local de Converxencia Galega

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario