11 de abr. de 2015

A GUARDA

CULTURA

Agradecidos



Proxecto Socheo / A Guarda


 Dende Proxecto Socheo queremos agradecer a todos os amigos e medios de comunicación que nos levan amosado o seu interese polas imaxes de Joaquín García Portela “Costiña”.

 O noso agradecemento máis fondo vai para a súa familia, agardamos estar á altura da súa xenerosidade.

 Xornais, a Televisión de Galicia, portais de Internet e radios mesmo de Catalunya achegáronse ata esta historia, nas nosas redes sociais podedes acceder a parte da repercusión que leva xerada.

 Seguimos a traballar porque sexan restauradas e estudadas tal e como se merecen, e contamos con ter novas pronto. 

 E, de novo, aproveitamos para solicitar a axuda de institucións e colectivos para pór en valor o patrimonio audiovisual do Baixo Miño e A Guarda.





Ningún comentario:

Publicar un comentario