11 de feb. de 2015

TOMIÑO

NOVA XORNADA REIVINDICATIVA NA PRAZA DE ABASTOS DE TOMIÑO

Na imaxe, as vendedoras afectadas e un grupo de persoas que se solidarizan con elas - Foto: E.S.S.

Infogauda / Tomiño

 Na mañá deste mércores día 11 de febreiro de 2015, tivo lugar diante da Praza de Abastos de Tomiño, unha nova xornada reivindicativa, na que varias persoas levaron a bo termo súa sonora protesta, xa que desde á remodelación desas instalacións municipais, algunhas vendedoras quedaron sen os seus postos nos que viñan traballando na mañá dos mércores, desde fai moitos anos.

 Desde Infogauda expresamos sen ningún paliativo, nosa total solidariedade coas persoas que reivindican poder seguir desenvolvendo á labor que viñan facendo o longo de moitos anos na Praza de Abastos de Tomiño. 

 Agardamos que os responsables do grupo municipal de goberno do Concello de Tomiño teñan á sensibilidade necesaria para resolver este conflicto que non o xeraron ás persoas afectadas, e que certamente non beneficia a ninguén.

Ningún comentario:

Publicar un comentario