12 de feb. de 2015

DEPORTES

LOUZÁN RECIBE AOS DEPORTISTAS DO CLUB MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS QUE ACADARON A MEDALLA DE PLATA COA SELECCIÓN ESPAÑOLA NO ÚLTIMO CAMPIONATO DE EUROPA DE BALONMÁN FEMININO


Infogauda / Pontevedra

 O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a deputada Begoña Estévez recibiron hoxe a tres deportistas do Mecalia Atlético Guardés que conseguiron coa Selección Española de Balonmán Femenino a Medalla de Plata no último campionato europeo de selección nacionais de balonmán feminino. 

 Os deportistas foron Manuel Etayo Ortigosa, entrenador do Mecalia e entrenador adxunto da Selección Española de Balonmán feminino; Noelia Oncina Moreno, delegada do Mecalia e da Selección Española; e Naiara Egozkue Extremado, extremo izquierdo do Mecalia e da Selección. Na recepción efectuada hoxe na Deputación estiveron acompañados de Lorenzo Fernández, presidente do Mecalia Atlético Guardés e de José Manuel Silva Vicente, vicepresidente e director-xerente da principal empresa patrocinadora do clube guardés. 

 Nas súas intervencións, Louzán e Begoña Estévez entregaron ao clube unha placa conmemorativa, manifestaron que o Mecalia Atlético Guardés "é un orgullo da provincia por ser embaixador dela e, sobre todo, por situar ao balonmán feminino provincial no primeiro plano en España e Europa" e lembraron que a Deputación mantén 148 escolas deportivas de balonmán en distintos concellos da provincia, nas que participan 2.834 nenos e nenas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario