O POBO DE A GUARDA NON TEN PORQUÉ ATURAR TANTA INCAPACIDADE
A responsabilidade que conleva haber sido elexido para desempeñar un cárrego público, non é tarefa doada. Sobor de todo cando os obxectivos - si os electos os tiveran - son ambiciosos, e non se dispón de recursos económicos e humanos para poder leva-los a bó termo.
Acontece que no día a día de calquer comunidade, neste caso de un concello como o de A Guarda, no que agás á iniciativa privada, que é a que realmente se implica na labor de tentar xerar unha dinámica productiva, pouco hai de novidade que mereza realmente a pena. En un concello como o de A Guarda a cotío preséntanse pequenas cousas, que se non son atendidas coa dilixencia debida, poden dar - e dánna - unha imaxe, tanto para os veciños como para os visitantes, que non é a que un pobo como A Guarda merece. Esas pequenas cousas, poden ser moi heteroxéneas, desde unha papeleira rota e enferruxada, que debera ser sustituída sen dilacción por outra en perfectas condicions, ata á reposición de un punto de alumeado público que por causa de un sinistro de tráfego quedou fora de servizo.
Estamos falando obviamente de pequenas cousas, con un custe asumíbel - coidamos nos - para un concello como o de A Guarda, cuio grupo maioritario non ten reparo en consignar nos Orzamentos Municipais, ás correspondentes retribucions polas chamadas adicacións completas ou parciais, aparte de outras compensacions económicas as que lexítimamente poidan ter dereito - o cal non está agora en cuestión - e que con toda probabilidade, perciben os munícipes correspondentes con toda puntualidade, mes tras mes. Para iso non hai demoras, nin ten porqué habe-las. Partindo dese principio elemental, tampouco debera haber ningún tipo de demora, para - por exemplo - ordear repasar tódalas beirarrúas que teñen ás losetas despegadas e en época de choivas causan innumerables molestias os usuarios da vía pública; ou para repór un punto de alumeado público que "desapareceu" o pasado verán e ata o de agora, e que ningún ilustre fillo da patria - léase cárregos públicos retribuídos por adicacións totais ou parciais - tivo á dilixencia de mandar pór outro novo para subsanar á carencia existente desde entón.
Por iso, diante da demostrada inacción de algúns, coidamos que tan soio cabe que sexan outros os que ainda sen percibir ás referidas retribucions as que antes aludíamos, lles relembren o chamado grupo de goberno, cales son, entre outras, as súas obrigas. E postos nesa tesitura, chegado o intre oportuno, non cabe dúbida que á cidadanía deberá valorar o grado de compromiso de cada quen, e obrar en consecuencia.
A lexislatura está tocando o seu fin. O PXOUM segue "conxelado" na neveira do grupo maioritario e poida que chegado o intre en que se decidan a dar os pasos previos pertinentes cara a súa aprobación inicial, tal vez a criatura xa padeza de un amplo abano de doenzas conxénitas. Non se fixeron as cousas con método. Semella que algúns antepuxeron criterios meramente de estratexia partidista por riba das lexítimas aspiracions da maioría social. E dese xeito, con toda probabilidade chegarán á vindeira primaveira procurando sair o máis indemnes que poidan, para tentar asegurarse outros catro anos de sesteo.
A Guarda precisa unha Corporación Municipal dinámica, tanto no que atinxe o grupo de goberno como no que respecta a oposición. A cidadanía non quer munícipes de procesións e de brincadeiras festivas. Quer bos xestores. Persoas que pensen no progreso e calidade de vida dos veciños e no benestar dos que nos visitan. Xente activa, que teña vocación de servizo os demáis. Que se preocupen de coñecer ás necesidades dos barrios e das parroquias, do mesmo xeito que das necesidades da vila. E tentar dar respostas con feitos. Non somentes decraracións de boas intencións. Que diso xa está o pobo farto.
A Guarda non pode permitirse ter fondeado o ferry-boat Santa Rita de Cássia, e que remate máis cedo que tarde, no desguace. Pero ata o de agora non vimos por ningures accións que tenten impedir ese fatal destiño a curto ou medio prazo, con nefastas repercusións para á economía guardesa, cuios efectos xa se constaron nos meses en que leva inactivo.
O pobo guardés ten todo o dereito do mundo, a dispor de un multiusos onde dar cabida digna á eventos de todo tipo (actuacións musicais, proxeccions de cinema, teatro, etc.), e non hai ningunha xustificación para que os veciños teñan que sentirse orfos desa infraestructura desde o intre mesmo da desaparición como tal do Teatro-Cine Avenida, proba inequívoca da nula capacidade de xestión demostrada por algúns con responsabilidades nesa materia.
Xa vai sendo hora de mudar a situación. O pobo de A Guarda non ten porqué aturar tanta incapacidade.
Infogauda
Corroboro e aplaudo a editorial completa.
ResponderEliminarAnselmo.
Xa era hora de que algun veciño dixera algo, menos festas ,menos farsas e que traballen que pra iso pagamos os impostos.
ResponderEliminarAntes sobraba diñeiro pra facer obras ,e agora metenno no cu eses lambons e lambonas
Quizas esquecemos a proximidade dunhas eleccions autonomicas e municipais que faen quea politica local pasase a facer dende a deputacion ou santiago. Cabe recordar por exemplo, como no ano das municipais os orzamentos da xunta destinados a mellorar carreteras do rural aumentou un ¡¡¡80%!!! de cara a unha boa carretaxe de votos. Non defendo a agrupacion municipal, xq teñen mais defectos que virtudes, pero dense conta queridos compañeiros, que a politica e un xogo de tronos, e non vale de nada se non estas en sintonia co rei...(neste caso louzan ou feijoo) x certo, din que o alcalde non ten soldo por pagar multas, estaria ben que vos enteradades diso jejjee
ResponderEliminar