O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA INSTA O GRUPO DE GOBERNO Á REPOR URXENTEMENTE Á FAROLA DA PRAZA DE DON AVELINO VICENTE
Infogauda / A Guarda
Na imaxe pódese ollar o que queda do que foi un punto de alumeado público na Praza de Avelino Vicente González - Foto: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda
Deseguido reproducimos o contido da comunicación que o Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación na Corporación Municipal do Concello de A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas do concello, e no que se pon de manifuesto o seguinte:
REPOSICIÓN DA FAROLA DA PRAZA DE D. AVELINO VICENTE
Dende fai máis de DOUS (2) MESES por motivos de tráfico, falta unha farola na Praza de D. Avelino Vicente que estaba ubicada moi cerca do paso de peatóns ca rúa Concepción Arenal, un dos lugares máis transitados do centro do noso pobo, co cal, a carencia da mesma, ou o que é o mesmo, a falta de iluminación nese lugar, vai en detrimento da seguridade dos/as veciños/as.
O exposto anteriormente, conleva que no lugar somentes quedara a base metálica da mesma, envolta nunha bolsa plástica, que máis parez unha papeleira improvisada e na que os/as peatóns depositan o seu lixo, ainda que algúns xa teñen deixado algún anaco dunha peza de roupa ou parte do pelexo o tropezar na mesma, e que da unha imaxe de abandono e degradación do lugar, pero que se sigue reflexando en moitos puntos do noso pobo.
Dende Converxencia Galega, consideramos que DOUS (2) MESES é tempo máis que suficiente para proceder a reposición desta farola, sendo sustituida por unha nova. A desgracia, é que a día de hoxe non se ten tomado ningunha medida nin se ten feito nada para arranxar este problema que sirve como exemplo da inutilidade e pasividade do Equipo de Goberno Municipal do PSOE co Sr. Freitas a cabeza dún Grupo Municipal paralizado e o Concelleiro Liberado de Vías e Obras “mirando para outro lado” acompañado do pagado con diñeiros públicos que debera controlar e dar seguridade no tráfico, que siguen sin enteirarse do que acontece en A Guarda, namentras fan kilómetros con coches e gasolina pagados cos cartos dos cidadáns.
Converxencia Galega, ven a solicitar a reposición urxente da farola da Praza de Avelino Vicente, próxima o cruce de peatóns ca rúa Concepción Arenal, para deste xeito garanti-la seguridade viaria dos cidadáns, especialmente agora que entramos na etapa invernal, con menos horas de luz diurna, e polo tanto con maior risco para quenes transitan tanto a pé como en vehículos polo lugar.
A Guarda, a 05 de novembro do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Vías e Obras
Sr. Concelleiro de Tráfico
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario