O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA RELÉMBRALLE O ALCALDE Á SÚA OBRIGA DE DAR CONTA DOS GASTOS DE "ATENCIONS PROTOCOLARIAS E REPRESENTATIVAS"
A dotación económica anual e de 4.500,00 euros, dos cales 3.993,01 euros xa se consumiran no primeiro trimestre de 2014
Infogauda / A Guarda
O Grupo Municipal de Converxencia Galega con represnetación na Corporación Municipal do Concello de A Guarda ven de faer público o seguinte documento:
GASTOS DE ATENCION PROTOCOLARIA E REPRESENTATIVA
A partida de gastos 912/226/01 do Orzamento Municipal, está definida como: Atencións protocolarias e representativas, na Execución Trimestral do Orzamento do 2.014, cunha dotación económica para este tipo de gastos de 4.500€.
No mesmo documento deste atopamos que de xaneiro/marzo-2014 esa partida de “atencións protocolarias e representativas” xa tiña uns gastos de 3.993,01€, o que representa o 88,73% do gasto xeral anual.
O 18 de octubro deste ano, con Rexistro de Entrada nº 6.112, solicitamos información destes gastos por parte dos Organos de Goberno, e a reacción foi:
a).- O Sr. Alcalde, a día de hoxe non nos respondeu, ainda que parece que lle molestou a solicitude. Isto ven a conto, por diversos feitos, o remitir o escrito noso a prensa, “algúns medios informativos” fixeron unha nota tan escueta, que nalgún caso era casi non intendible por nos mesmos. Outros, con corresponsal en papel con xornal dixital moi de “Galicia”, esqueceuse da nosa nota, pero con tanto “camiñar” colgou a “resposta” do Sr. Alcalde, así van as alfombras de baratas, e tan pegadas o chán, diso déronse ata conta os poucos lectores que conserva nestes momentos que máis valería o peche da mesma, se non fora que iso eliminarías as “papadas institucionais” do escribidor de recados.
b).- O Sr. Alcalde ainda nos nos contestou, pero ten a obriga de facelo, xa que queremos lembrarlle que hai procedementos legais para esixir esa resposta.
c).- Recordarlle que a solicitude que fixemos do uso de ditas tarxetas, corresponde a actual lexislación 2011/2014, polo que non se entende a que ven a “lorada” de falar doutros anos, usando o “ventilador” nos escupa pro ceo que as gaivotas “cagan” pra terra e poiden queimarlle os ollos, si ten algunha proba contra calqueira veciño/a en funcións municipais, xa sabe cal é o camiño a seguir.
d).- A información solicitada e un dereito que teñen tódolos grupos políticos, debe ser oficial e cun Informe asinado por quen corresponda dos Servicios Económicos.
Dende Converxencia Galega queremos recordarlle o Sr. Alcalde e informar aos veciños/as, que o Artigo 14 do R.D. 2568/1986 (R.O.F.) ampara o noso dereito legal para obter esa información do Concello, tendo en conta que os prazos legais para a entrega de ditos documentos xa transcurriron con largueza, e tampouco recibimos un Acordo Motivado para a súa denegación, reiteramos dita solicitude, e deixar claro que o Sr. Alcalde, segue nunha postura de incumplimento da Lei, polo que se non os recibimos nún prazo breve de tempo, teremos que facer uso dos medidas legais de amparo e defensa dos nosos dereitos que unha vez máis son vulnerados polo Equipo Municipal de Goberno do PSOE co Sr. Freitas a cabeza.
A Guarda, a 05.11.2014
Xosé María Martínez Rodríguez
Responsable Local de Converxencia Galega
Ningún comentario:
Publicar un comentario