10 de out. de 2014

GONDOMAR

Inscricións abertas para un curso gratuíto de Paleografía Medieval Galega con Xulián Maure no IEM

 

Instituto de Estudos Miñoranos / Gondomar

 Están abertas as  inscricións para o curso gratuíto  de "Paleografía Medieval Galega" a desenvolver polo profesor Xulián Maure Rivas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº10, Gondomar). Os interesados deben dirixirse ao correo oficina@minhor.org ou polo teléfono 986360575 de luns a venres de 18 a 22 horas. A convocatoria ten un límite de dez prazas e remata o vindeiro venres 25 de outubro.

 Obxectivos do curso: 
 Iniciar a formación dun grupo de lectores de textos medievais referidos ás terras do Val Miñor, para, rematadas as xornadas de aprendizaxe, ler con certa facilidade os mesmos.  

 Metodoloxía: 
 O grupo constará como máximo de dez membros, que terán dúas horas quincenais de xuntanza no local do IEM, en martes alternos de seis a oito da tarde. As sesións terás lugar os días martes 4 e 18 de novembro e 2 e 16 de decembro ás 18 horas. 
 Os interesados, coa súa solicitude ao IEM, mandarán información do seu nivel académico, indicando tamén a razón do seu interese polo coñecemento da paleografía. A práctica paleográfica diaria irá precedida por un mínimo programa teórico que inclúe a introdución, ciclos escriturarios, abreviaturas, normas de transcrición e bibliografía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario