8 de set. de 2014

VAL MIÑOR

CULTURA

Catro obras compiten como finalistas do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns



Instituto de Estudos Miñoranos

 Finalmente o xurado elixiu 4 obras como finalistas de entre os 49 orixinais aspirantes a conseguir o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Trátase dos títulos Home Invisíbel, O caderno amarelo, Teoría contaminada do realityshow e Onde as mulleres se chaman Galiza . O vindeiro venres 12 de setembro darase a coñecer cal dos catro  é o gañador desta convocatoria cuxo ciclo pecharase na primeira quincena de novembro coa celebración do acto de entrega do premio, dotado con 3.000 €, unha estatua conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e a publicación do libro na colección Victoriano Taibo do IEM.

 O xurado do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns, deliberou este luns 8 de setembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM. A obra premiada e nome do autor será dado a coñecer publicamente o vindeiro venres cando o xurado emita o seu veredicto final.

1 comentario:

  1. cando escribamos galego temos que facelo ben (antonte)( mai la)
    saludos

    ResponderEliminar