5 de set. de 2014

SEIXAS DO MINHO (CAMINHA)

MÚSICA

CLAVE DE FADO PRESENTA SEU PRIMEIRO DISCO: XANELAS

O día 13 de setembro, ás 20.30 horas, nos xardins de Vila Idalina

 Clave de Fado

 O día 13 de setembro, terá lugar a presentación de Xanelas, o primeiro disco de Clave de Fado. Queremos que sexa todo un acontecemento, para celebrar a impresionante acollida que está a ter entre o público. Por isto vai ser máis ca un concerto...

 Poderedes coñecer a beleza da Villa Idalina disfrutando do cocktail que se servirá alí, pasear polos xardíms e observar como plasman no lenzo a fermosura da Villa e do momento os artistas que estarán ese día con nós... Poderedes disfrutar tamén da actuación dun cantante portugués (Nuno Louro), e despois con todo o noso cariño e toda a ilusión de compartir con vós a nosa música, terá lugar o concerto de presentación de Xanelas. 

 Unha oportunidade única de disfrutar de forma diferente dun espazo de beleza inigualable! 

 Agardámosvos, a partires das 20.30 (Portugal, unha hora máis se segues a hora española) Ah! Aconsellamos levar roupa de abrigo, por se ven a brisa mariña!)

 Entrada 10€ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario