7 de set. de 2014

PONTEVEDRA

Van dirixidos a maiores de 50 anos, pensionistas ou persoas que precisen dun respiro familiar

PRETO DE 5.000 PERSOAS DISFRUTARÁN DE ESTADÍAS EN BALNEARIOS DA PROVINCIA, DENTRO DOS PROGRAMAS QUE IMPULSA A DEPUTACIÓN

Infogauda / Pontevedra

 Preto de 5.000 persoas (4.923) van poder disfrutar nos vindeiros  meses de estadías en balnearios e centros termais da provincia de Pontevedra no marco dos programas Saúde e Benestar e Coidarte.
 Aos 3.199 inscritos no programa Saúde e Benestar, que inclúe estadías con aloxamento, súmanse os 1.724 que xa confirmaron a súa participación en Coidarte, que inclúe 5 tardes en balnearios con viaxe de ida e volta diario.
 Son dúas iniciativas da Deputación que teñen unha elevada demanda, porque lle permiten aos beneficiarios disfrutar dos beneficios dos establecementos termais a prezos reducidos.
 Os dous programas van dirixidos a persoas maiores de 50 anos, pensionistas ou dedicadas ao coidado de dependentes que precisen dun respiro familiar  e ten un dobre obxectivo: fomentar o envellecemento activo e ofertar a este colectivo oportunidades de descanso e de lecer a un prezo asequible, e, pola outra, dinamizar o sector turístico, facilitando a actividade económica neste sector en temporada baixa.
 No caso do programa Coidarte, os balnearios máis demandados son o Termas de Cuntis (con máis de 600 solicitudes), seguido do de Mondariz Balneario (preto de 400);  Hesperia Isla de la Toja, con 323 solicitudes e o Talaso Atlántico de Oia, con 153.
 Ao Torre do Deza de Lalín irán 30 persoas, a Talaso Spa Moaña 45; e ao Spa Norat de O Grove, 63.
 En canto aos participantes no programa Saúde e Benestar,  ofertaba prazas en 9 establecementos, sendo os máis demandados o Balneario Illa de A Toxa, con 488 solicitudes; o Gran Talaso de Sanxenxo, con  275 solicitudes, o Talaso Atlántico de Oia, con  272 solicitudes e o Talaso Louxo A Toxa, con  252 solicitudes.

 As demais prazas distribúense entre os Spa Via Argentum de Silleda; Nanín Playa, de Sanxenxo; Norat, de  O Grove; Oca Galatea e Carlos I Silgar en Sanxenxo .

Ningún comentario:

Publicar un comentario