A PLATAFORMA DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS DO BAIXO MIÑO NON DUBIDA EN CONTINUAR SÚA LOITA CÍVICA POLA VÍA XUDICIAL
- Este luns presentará no Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra, 21 demandas recramando a retirada das sancions represoras impostas a membros deste colectivo cidadá
Afectados polas preferentes e subordinadas amosan súa repulsa polas sancións arbitrarias impostas á plataforma do Baixo Miño coa intención de amedrentar e tentar eliminar este movemento social - Foto: Ana Belén Álvarez
Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño
A Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño informa que este luns día 8 de setembro, ás 10:30h. entregará por Rexistro ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra preto de 21 demandas para continuar pola vía xudicial reclamando a retirada das sancións represoras impostas ao colectivo.
Ao remate da entrega por Rexistro, levarase a cabo unha concentración diante da Subdelegación do Governo, en Pontevedra, en repulsa destas sancións arbitrarias impostas á plataforma do Baixo Miño coa intención de amedrentar e tentar eliminar este movemento social.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario