Presentación do libro “A causa do crime” co presenza de Alfredo López, “Tokio”
Este venres 5 de agosto terá lugar a presentación da novela debuxada A causa do crime (Demo Editorial, 2014), nova obra do noso compañeiro Alfredo López “Tokio”, a poucos días de saída do prelo. Falaremos da obra e a súa historia, ademais dunha sesión de sinaturas do autor ao final do encontro. O acto será presentado polo tamén debuxante, Evaristo Pereira, e dará comezo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, nº 10, baixo, Gondomar.
Tokio, autor de banda deseñada e biólogo mariño, asina unha obra de ficción de importante carga política, que publicou inicialmente por entregas en 1987, no xornal A Peneira. Recuperada agora con nova aparencia gráfica e argumento ampliado, supón unha ollada xenuína ás inquedanzas de boa parte da sociedade galega dos oitenta. A historia, protagonizada por unha muller, inclúe temas como os movementos sindicais, o terrorismo e a corrupción política dos anos oitenta, coa banda sonora da Movida viguesa de pano de fondo.
O álbum conterá un enlace a Spotify e referencias dos temas musicais que inspiraron o autor para a realización do álbum.
Ningún comentario:
Publicar un comentario