8 de set. de 2014

DEPORTES

SLALOM OLÍMPICO

OS TEIXUGOS GAÑADORES O CAMPIONATO GALEGO DE SLÁLOM



Rosa Fernández Carrera / Arbo

O sábado día 6 de setembro, celebrouse en Arbo o Campionato Galego de Slálom Olímpico. A mañá non puido decorrer mellor para os Teixugos, ainda trazado do circuito foi bastante complicado, o que fixo que en moitas categorías so uns poucos deran chegado a finais.

Cinco Teixugos proclamáronse campións galegos: Sara Vázquez en C1 muller sénior, Laura Alonso en K1 muller sénior, Andrea González en K1 muller júnior, Manuel Ochoa en K1 home cadete e Brais Castro en C1 home cadete.

Ademais Laura Alonso foi tamén prata en C1 sénior, Brais Castro bronce en K1 cadete e Alejandro Ochoa bronce en C1 sénior.

Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño Teixugos acadou o primeiro posto, seguido polo Tea de Mondariz e o Club Municipal de Piragüismo Dumbría.

Na mañá do domingo celebrouse tamén o Campionato Galego de Descenso de Augas Bravas, no que os Teixugos quedaron terceiros, un moi bo posto tendo en conta que é unha especialidade na que o club nin sequera ten barcos adecuados e baixou en kaiaks de slálom. Laura Soutelo foi prata en K1 muller cadete, Andrea González bronce en K1 muller júnior, Manuel Ochoa prata en k1 home cadete e Brais Castro bronce na mesma categoría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario