7 de set. de 2014

A GUARDA

BÁRBARA REY XA ESTÁ DISFROITANDO DA GASTRONOMÍA GUARDESA

- Esta noite actuará na verbena das Festas en honor da Virxe da Guía

    Bárbara Rey na Rúa do Porto, con unhas ademiradoras de A Guarda
                                 Foto: María José Acevedo Lomba

Infogauda / A Guarda


 Por si alguén o dubidaba, Bárbara Rey xa está na vila de A Guarda, disfroitando da grata acollida que lle está dispensando tanto á Comisión de Festas na honra da Virxe da Guía, como dos moitísimos ademiradores que ten unha muller como ela por onde queira que vai. 

 Desde Infogauda podemos acreditar que Bárbara Rey, vímola radiante, con un fermoso sorriso, locendo un vestido de color salmón, acompañada por José Elías Rebollar Vega, presidente da Comisión de Festas da Virxe da Guía, e doutras persoas que ían a seu carón, percorrendo algúns establecementos da vila, agasallando simpatía e boas sensacións, como o proba á fotografía que acompaña esta información.

  No intre en que redactamos esta crónica de urxencia, Bárbara Rey está disfroitando da excelente gastronomía de A Guarda, rodeada de persoas amigas, e logo da sobremesa, poderemos vela e escoitala en persoa, na Praza da Guía, en Ribadavila (A Guarda) como atracción especial dos festexos deste ano.

  Logo da súa actuación na verbena desta noite, Bárbara Rey sairá a disfroitar da movida guardesa, visitando algúns emblemáticos locales de diversión e tomando algunha copa, pois non terá que conducir xa que pernoctará nún prestixioso establemento hostaleiro da vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario