6 de set. de 2014

A GUARDA

¡¡A ALAMEDA DO SÉCULO XXI DESMORÓASE!! 

Na área de xogos infantís o estado do pavimento é deplorable
                             Fotos: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda

 Infogauda / A Guarda

  O Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación na Corporación Municipal do Concello de A Guarda, ven de presentar no rexistro municipal de entradas, á seguinte comunicación:


Calquer conversa que se manteña cos/as veciños/as que acuden case a diario a Alameda do século XXI, - a remodelación, foi destrozar a que fixeron os nosos antergos con máis sentidiño que os actuais dirixentes locais - rematan as súas conversas, como o deterioro da mesma é máis que evidente. 
O deterioro do pavimento na área infantil é máis que evidente

  Os materiais usados para a área infantil desfaise sen que teña visos de ser arranxado ou reposto, e namentras as caídas van en aumento, sen que dende o Concello se tome ninguna medida que resolva o problema. 

                                     O mal estado do pavimento da área infantil é notorio

As farolas “modernistas” cando non se apagan e pasan toda a noite a oscuras, torcen ca forza do vento ou de maneira “misteriosa” por diversos actos e festexos. 


A herba medra pola falla de mantemento das zoas verdes

As herbas crecen a maior velocidade que as etapas de adecentamento e arranxo de zonas axardinadas, e iso sen falar cos árbores que crecen torcidos e outros cas “jallas” rotas ou o tronco descarnado por ataduras de tenderetes de todo tipo. 

As placas vánse despegando e non as repoñen

Nos muros de peche perimetral da Alameda do século XXI, a falta de placas é máis que palpable, sin que o Concelleiro de Vías e Obras merque un palé e as repoña con pegamento que aguante os chuveiros. 

Unha "chapuza" da Alameda do século XXI

Logo temos os desaugues, que sirven para calquer cousa, incluida a función de papeleiras ou de “caixón de anclaxe” de calquer decoración e se manten no tempo casi perpetuamente. 


Outro exemplo máis de abandono 

Nas imaxes non podemos recoller o desaxuste e desfeita dos anclaxes dos bancos que con soio tocalos “bailan” para tódolos lados e en calquer momento véñense abaixo, en fin unha desfeita que reflexa o abandono e deixadez que practica o Equipo de DES-goberno do Sr. Freitas na inacción diaria do noso concello, que o igoal que un dos seus símbolos está vindose abaixo e o que quixo ser un modelo de xestión municipal está desfacéndose a un alto costo para A Guarda, o mesmo que a inversión do destrozo da Alameda do século XXI. 

A Guarda, a 06 de setembro do 2.014    

Xosé María Martínez Rodríguez, “Chechu” 
Responsable Local de Converxencia Galega    

Sr. Alcalde- Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario