A FESTIVIDADE DE SANTA TREGA CELEBROUSE CON TODA SOLEMNIDADE
Fotografías: Ricardo Rodríguez Vicente
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Con unha menor afluencia de público que na edición precedente, debido á que moitas persoas - sobor de todo do veciño Val do Rosal - estiveron vendimando, este martes día 23 de setembro celebrouse á festividade de Santa Trega.
Desde ás primeiras horas da mañanciña, devotos da mártir que se venera na ermida do Monte Santa Trega, acudiron o santuario, para asistiren ás misas que se oficiaron ás 8:00, 9:00 e 10:00 horas, respectivamente.
A misa grande comezaría ás 11:00 horas, e contaría con ofrenda e sermón, e o remate da eucaristía daría comezo a solemne procesión polo itinerario acostumado.
Varios centos de persoas, maioritariamente mulleres, algunhas delas lucendo vistosos traxes rexionais galegos; acompañaron á imaxe de Santa Trega, e detrás dela ían os compoñentes do Grupo de Gaitas Os Petóns, membros das corporacións municipais de O Rosal e de A Guarda e outras representacións.
Como ven sendo costume, no decurso da procesión algunhas persoas levaban súas ofrendas á Santa Trega, que posteriormente serían subhastadas diante do púlpito ao aire libre.
Un dos intres máis emotivos da celebración de Santa Trega, acontece xustamente cando á imaxe da mártir retorna á ermida, portada por varias mulleres ofrecidas.
Recollida á imaxe, os fieis que o desexaron puderon bicar os relicarios do Lignum Crucis e de Santa Trega.
Seguindo un guión de moitos anos, deseguido comezou á poxa dos froitos, onde ademáis de peixe de coiro - canexa, litán, melca, zapata,... -, houbo empanadas, froitos do agro - cebolas, pementos, allos, uvas, patacas, conservas vexetais,...- e tamén chourizas caseiras, viño da casa e de coñecidas adegas da D.O. Rías Baixas, subzoa do Rosal, licores caseiros, e mesmo unha diversidade de sobremesas: roscas de xema, bizcoitos,...
Este ano, sorprendeu a concurrencia que á poxa dos froitos fose coordinada polo párroco de A Guarda, Jesús García Villadóniga, que contou coa colaboura do somasco P. Vidal, e de varias persoas da vila guardesa.
O remate da poxa dos froitos foi sorteada á tradicional "regueifa", tarta de varias alturas formada por roscas de diferentes tamaños, comezando na súa base por á maior e rematando coa de menor diámetro. Agochado no seu interior, acostuma e levar un valioso agasallo sorpresa. Este ano o número premiado foi o 8.791.
A xornada festiva - de ámeto local en A Guarda - continuaría co xantar enxebre no que participaron moitas familias, tanto de O Rosal como de A Guarda, e mesmo de Oia, disfroitando de un día de lecer, no que tanto os picariños como os maiores, fixeron un descanso na rutina cotiá, para "subir o Monte", venerar a Santa Trega e dar boa conta da comida e da bebida, que cada ún levou das súas casas, e logo compartir á ledicia da música e do baile tradicional.
Arredor das 18:00 horas, caiu un breve chubasco, de orixe treboento, que non impediría continuar a troula ata ben entrada á noitiña, logo da merenda cea no Parque do Cancelón (O Montiño).
Ningún comentario:
Publicar un comentario