31 de ago. de 2014

A GUARDA

A DEPUTACIÓN ADXUDICA EN 89.000 EUROS A URBANIZACIÓN DA RÚA CAL E DA TRAVESÍA CANAL, EN A GUARDA
Stradia Infraestruturas S.L. será a empresa responsable das obras

Infogauda / A Guarda

 A Deputación de Pontevedra resolveu a adxudicación da terceira fase obras de urbanización da Rúa A Cal e da Travesía Canal, no concello de A Guarda.
 Os traballos foron adxudicados á empresa Stradia Infrestructuras S.L. por un importe de 88.927,70 euros.
 Na rúa A Cal está previsto pavimentar un novo treito desta rúa, concretamente no seu entronque coa circunvalación, dotándoa de lousas de granito abuxardado, de características similares ao xa existente no resto da rúa.

 Pola súa banda, na Travesía Canal realizaranse traballos de urbanización, adecuando os servizos de saneamento, abastecemento e iluminación e tamén se actuará na pavimentación, mantendo o centro da calzada en granito, pero substituíndo os panos laterais por unha soleira de formigón apto para o tránsito rodado.

 En canto á rede de saneamento desta rúa, substituirase o actual sistema de recollida conxunta de pluviais e fecais, por un sistema separativo. Isto implicará cambiar a actual canalización única por dúas novas redes en PVC.
Así mesmo, substitúese a canalización da rede de alumeado público e instalaranse diversas luminarias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario