O VINDEIRO DÍA 23 HABERÁ PLENO ORDINARIO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL
O alcalde de A Guarda ven de convocar sesión plenaria de carácter ordinario para o vindeiro mércores día 23 de xullo de 2014, ás 09:30 horas, coa seguinte Orde do Día:
PUNTO 1º.- APROBACIÓN ACTAS SESIÓNS ANTERIORES (Ord. 30/05/2014).
PUNTO 2º.- DAR CONTA DE DECRETOS.
PUNTO 3º.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DO RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL NÚMERO 3/2014.
PUNTO 4º.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DE FESTIVOS LOCAIS PARA O ANO 2015.
PUNTO 5º.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DOS PREGOS DE CONTRATACIÓN DA EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA-RESTAURANTE DA ESTACIÓN MARÍTIMA DA PASAXE.
PUNTO 6º.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF) NO CONCELLO DA GUARDA.
PUNTO 7º.- MOCIÓNS.
RE nº 3174 do BNG: Moción para superar o modelo institucional do Estado español e recoñecer o dereito a decidir.
RE nº 3400 de Converxencia Galega: Proposta de estudio de zona azul nos arredores da igrexa parroquial.
RE nº 3717 do BNG: Moción a prol dos dereitos das persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais.
RE nº 3782 de Converxencia Galega: Aplicación das novas tecnoloxías para promoción turística,
RE nº 3913 de Converxencia Galega: Xosé Carlos Gómez Alfaro.
RE nº 3497 do BNG: Moción para demandar que o novo hospital de Vigo dispoña de laboratorio central.
PUNTO 8º- ROGOS E PREGUNTAS.

Ningún comentario:
Publicar un comentario