30 de xul. de 2014

A GUARDA

AMANDO GARCÍA NUÑO, DE MADRID, GAÑA O PRIMEIRO PREMIO DO XXVIII CERTAME DE POESÍA FELICIANO ROLÁN



  O día 29 de xullo de 2014 tivo lugar a reunión do xurado cualificador do XXVIII CERTAME DE POESÍA FELICIANO ROLÁN organizado pola Agrupación Cultural Guardesa.

 Formaron parte do xurado: Manuel Ángel Pombal Diego, doutor en Bioloxía, profesor e investigador na Área de Bioloxía Celular da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo; Chuny Vázquez, poeta e pintora; María Fernanda de Santiago Moure, licenciada en Filoloxía Galego Portuguesa; Fátima Pérez Sobrino, licenciada en Filoloxía Hispánica; María Soledad Diz Amil, licenciada en Xeografía e Historia e bibliotecaria do Concello da Guarda.

   O xurado acordou conceder os seguintes premios:

  1º Premio: AMANDO GARCÍA NUÑO, de Madrid, polo poema “Tu nombre si me atrevo. Lema: Martín de Arranz.

   2º Premio: ROCÍO LEIRA CASTRO, de Cee (A Coruña), polo poema “A hipérbole do teu corpo”.

  3º Premio: YOSE ÁLVAREZ-MESA, de Salinas (Asturias), polo poema “Clave de sol”. Lema: “Waiting in the weeds”.

            Accésit: CARMELIÑA GARCÍA PEREIRA, de Vigo, polo poema “Xa nada é coma sempre”.

  O acto de entrega dos premios aos poetas galardoados terá lugar o martes día 5 de agosto ás 21:30 horas no Centro Cultural da Guarda. 

 Actuará a Agrupación Musical da Guarda dirixida por José Antonio Soutelo Muñoz.


A Guarda, 30 de xullo de 2014 


A Presidenta                            A Secretaria

Julia Sobrino González            María Soledad Diz Amil 

Ningún comentario:

Publicar un comentario