26 de xul. de 2014

A GUARDA

A SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA ORGANIZA ÁS CARREIRAS POPULARES FESTAS  DO MONTE SANTA TREGA, 2014



CARREIRAS POPULARES FESTAS DO MONTE TREGA 2014
ANDAR - MARCHAR - CORRER

REGULAMENTO

O sábado día 2 de agosto do ano 2014 a partir das 18 horas, o Atletismo Trega, dirixe e controla as carreiras populares Festas do Monte, con autorización e patrocinio da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O Cancelón.
As inscricións, serán ilimitadas e deberán efectuarse por correo electrónico trega@trega.es, teléfono 664 865 003, así como na caseta instalada na Alameda de A Guarda, constará de nome, apelidos, data de nacemento completa , DNI, residencia, Club, nº de ficha, nº de teléfono.

CATEGORÍAS
ANO
NACEMENTO
DISTANCIA
APROXIMADA
SAÍDA
APROXIMADA
CAMIÑADA

7.339 m - 1 V
18 h

PULGAS MULLERES e HOMES
2009/2010
100 m
19 h

PRE-BENXAMINS MULLERES e HOMES
2007/2008
400 m
19:10 h

BENXAMÍNS MULLERES e HOMES
2005/2006
1.000 m - 1 V
19:20 h

ALEVINS  MULLERES e HOMES
2003/2004
1.400 m – 1 V
19:35 h

7.339 m - 1 V
19:45 h
PROMESAS MULLERES e HOMES
92/93/94/95/96/97/98
SENIOR MULLERES e HOMES
1991 ata veterano
VETERANOS HOMES - A
35 a 44 anos
VETERANOS HOMES - B
45  a 54 anos
VETERANOS HOMES - C
55   e antes
VETERANAS MULLERES - A
35 a 44
VETERANS MULLERES - B
44 e antes

INFANTILES  MULLERES e HOMES
2001/2002
3.000 m – 2 V
19:50 h
CADETES MULLERES e HOMES
1999/2000
DISCAPACITADOS MULLERES E HOMES
MAIS DE 15 ANOS


1.     A secretaría será na Rúa Troncoso nº 5 galerías (Alameda)
2.    De pulgas ata cadetes inscrición gratuíta. Na carreira absoluta terase que pagar unha inscrición de  3 € sen agasallo e 5 € con agasallo,  na carreira absoluta fora de prazo serán 8 €, e 1 € nas categorías menoresA camiñadaserá gratuíta. Pagando 2 €, darase un  agasallo. Non é competitiva.
3.    Poderase facer o ingreso no banco Santander (openbank): ES03 0073 0100 5905 0188 0003 a nome da SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA, facendo constar os nomes dos depositarios. Presentarase xustificante para retirar o dorsal. Tódolos dorsais serán entregados polo atletismo Trega. Será o momento de realizar o pagamento.
4.    Os dorsais terán que ser devoltos cando rematen a carreira.
5.    O prazo péchase o día 1 de agosto a partir das 18 horas. Se algún atleta inscrito a última hora non pode participar agradecemos a baixa con aviso por email, ou teléfono.
6.    Os premios serán: medallas para os tres primeiros clasificados en Pulgas, Pre Benxamíns e Benxamíns os demais serán trofeos a os tres primeiros clasificados de cada categoría. Un atleta só ten dereito a un premio ou trofeo.Serán entregados pola Comisión de Festas.
7.    Tódolos atletas federados participantes deberán ter dilixenciadas a súa licenza federativa para a tempada 2013/2014.
8.    Os participantes traerán imperdibles para suxeitar o dorsal, a organización non facilitará imperdibles.
9.     Os gastos de desprazamento correrán a cargo de cada Club, e participantes.
10. En tódalas carreiras da xornada haberá unha clasificación, por categoría ou proba.
11.  Os resultados enviaranse por correo electrónico. Estarán colgados na  web www.trega.es
12. Dado o carácter popular non se admiten reclamacións, esperando dos participantes o mellor espírito deportivo.
13. Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por escrito.
14. Será motivo de descualificación  calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estimen os xuíces da proba.Os participantes estarán obrigados a presentar documentación se a solicita a dirección da proba.
15. Os circuítos serán: saídas e chegadas na rúa Rosalía de Castro. Correrán pola R/ Rosalía de Castro  e  Avda. de Portugal. A Carreira absoluta será unha volta ao monte Trega, con dirección a Cruzada.
16. O Trega non se fan responsables dos posibles danos morais,físicos, psicolóxicos que por motivo da competición poidan sufrir os participantes, ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que puideran corresponder ante o seguro deportivo dos atletas federados.
17. Nas categorías menores serán responsabilidade dos pais se os participantes sofren algunha lesión.
18. As probas estarán controladas polos voluntarios da AVCD o Cancelón e do Atletismo Trega.
19. AVCD o Cancelón e S.A.Trega agradece por anticipado a súa participación e deséxalles que gocen do día e do atletismo popular.
20.O avituallamento estará aproximadamente no km 5.200 m.
21. A participación nas carreiras populares, implica a total aceptación do presente regulamento. Este regulamento pode ser modificado para súa mellora. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario