¡¡AS DESGRACIAS NUNCA VEÑEN SOLAS!!
Do que era unha farola de alumeado público, a día de hoxe, tan soio queda a "man francesa", ou soporte, adosado a un paramento vertical dun inmoble particular, e un cabo eléctrico - Fotos: Grupo Municipal Converxencia Galega
O Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación na Corporación Municipal ven de presentar no rexistro municipal de entradas un documento - que deseguido reproducimos - solicitando á reposición dunha farola na Rúa Baixo Muro, de A Guarda. A devandita proposta, dí o seguinte:
Dende fai unhas datas, de repente, non se sabe se caiu (os restos non están nin foros vistos polos veciños/as) pero o certo é que desapareceu a farola que alumeaba a veira da casa de Valentín González González “Bombona” no Baixo Muro.
O que queda do que foi unha farola de alumeado público
O anterior, que podería ser unha anécdota máis na loita que mantén Valentín co concello na procura de conseguir poder saír a rúa en condicións normais tra-la eliminación das barreiras arquitectónicas que o manteñen encerrado na súa casa e precisando permanentemente da axuda de familiares e amigos para poder acceder a ela, se non fose que cando veñen tarde do Meixoeiro, teñan que botar man dunha linterna para non correr riscos innecesarios e poder chegar a casa, xestión que teñen que agradecer especialmente ao persoal de ambulancias.
Non sabemos quen foi o “artífice” da desaparición desta farola, da que reiteramos que nos arredores do lugar, non fomos capaces de atopar restos da mesma, pero sí que xa fai días que aconteceu o feito, e que é necesaria nese lugar.
Dende Converxencia Galega, vimos a solicitar do Concello para que procedan da maneira máis urxente a reinstalar unha nese lugar, xa que é de necesidade a existencia e funcionamento da mesma.
A Guarda, a 24 de xullo do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Concello de A Guarda
.jpg)
.jpg)
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario