19 de xul. de 2014

A GUARDA

O GRUPO VÁMOLANDANDO TEATRO, PRESENTA ESTE SÁBADO Á OBRA HORACIOS E CURIACIOS



      Infogauda / A Guarda

  Baseada nunha obra de Bertolt Brecht, Horacios e Curiacios, fálanos da historia de dous pobos enemistados que comezan unha guerra, un conquistando ao outro, un país probe, outro rico, un que ataca e outro que se defende. Un texto expresionista que o Grupo de Teatro Vámolandando, de A Guarda, reinterpreta cunha visión clown que levará ao público a unha guerra divertida e ocurrente.  

  Con esta montaxe, o Grupo de Teatro Vámolandando, nado na antiga escola municipal de teatro do Concello da Guarda, retoma a andaina que comezara coa creación do grupo o ano pasado, coa estrea de "Aquí non paga ninguén".

  Vámolandando é un grupo que segue apostando polo teatro e pola creación escénica. 

  A cita é este sábado, en dobre sesión: Ás 20h. e ás 22h., no Salón de Actos do Centro Cultural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario