12 de xuño de 2014

MOVEMENTOS SOCIAIS

A FISCALÍA DE ÁREA DE VIGO ABRE DILIXENCIAS PARA INVESTIGAR AS SANCIONS IMPOSTAS AOS PREFERENTISTAS NOS CONCELLOS DE TUI E O ROSAL

  Dende a Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño achegamos o seguinte comunicado de prensa:  

  A Fiscalía de Área de Vigo abre dilixencias para investigar as sancións impostas aos preferentistas nos Concellos de Tui e O Rosal.  

 Despois de que a Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño presentaran  unha demanda o pasado 6 de maio a Fiscalía decidíu comezar a investigación en canto ás sancións impostas de xeito irregular.  

  Multas que veñen a través da Subdelagación do Goberno como do ORAL, xusto despois de que a plataforma fora desaloxada dos peches polas forzas da orde,e das declaracións do Presidente da Deputación, Rafael Louzán nos que tachou aos preferentistas de comando radical.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario