25 de xuño de 2014

MOVEMENTOS SOCIAIS

 PARTICIPACIONS PREFERENTES E SUBORDINADAS

NOVO XUIZO O PORTAVOZ DA PLATAFORMA DO BAIXO MIÑO 

Será o venres día 27 de xuño, ás 11:30 h., no Xulgado nº 8 dos de Vigo

Plataforma do Baixo Miño de Afectados polas Preferentes e Subordinadas   

  Dende a Plataforma do Baixo Miño comunicamos de que o vindeiro venres 27 de xuño vaise levar a cabo outro xuízo do compañeiro Xulio Vicente. 

 Nesta ocasión foi denunciado pola Policía Local de Baiona por ter asisitido á sesión plenaria da Mancomunidade do Val Miñor, e, interromper momentáneamente o pleno apelando a unha cuestión de orde e urxencia.  

 En vista da negativa do Presidente do pleno (alcalde de Nigrán), o compañeiro Xulio, foi expulsado do salón de plenos con excesiva forza policial.  

  Así pois convidamos a tódolos afectados que poidan aistir ao xuízo e así a amosar o seu apoio e solidariedade ao compañeiro o venres 27 de xuño, ás 11:30 horas, no Xulgado nº 8 de Vigo, na rúa Lalín.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario