12 de xuño de 2014

GONDOMAR

Mendez Ferrín presentará en Gondomar a obra “Ceibes no monte. Patrimonio vivo na terra de Turonio”

A obra recolle tres vídeos dos curros que se celebran no concello: o de Morgadáns, o de San Cibrán (Donas) e o do Galiñeiro (Vincios). (Foto: ©IEM)

Este venres 13 ás 21 horas, Xosé Luís Méndez Ferrín presentará  Ceibes no monte. Patrimonio vivo na terra de Turonio,  na libraría Libraida de Gondomar (Rúa Rosalía de Castro, 13).  A obra está composta por un conto, un libro e máis un DVD onde se recollen os froitos dun traballo que dende 2003 se desenvolve nas aulas do IES Terra de Turonio cara aos garranos que habitan as serras do Val Miñor. Entre outros fornecen a obra, Santi Veloso, Alfredo López (Tokio), Andrés Meixide,  Eva Moreda, Gonzalo Moure e Méndez Ferrín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario