23 de xuño de 2014

A GUARDA

CHEGA O 2º MERCADO DA MÚSICA

     Sábado 28 de xuño, nos xardíns do Centro Cultural

  O vindeiro sábado 28 de xuño  dende as 11:00  da mañá e ata as 23.00 horas, e por segundo ano consecutivo celebrarase nos xardins do Centro Cultural e Social de A Guarda (Pontevedra), a 2ª edición do Mercado da Música, unha iniciativa totalmente autoxestionada e altruista, aberta a todos os asistentes.

 O Mercado da Música é un mercado o aire libre de todo o relacionado coa música, onde poder atopar vinilos de segunda mán e novos, camisetas, compatcs dics, chapas, roupa, fotografía, instrumentos,  etc..., en máis de 20 stands.

 Durante todo o día sucederánse as actuacións en directo de diversos artistas e grupos, dos máis variados estilos, porque no Mercado da Música teñen cabida todolos estilos musicais. 

 Este ano acompañarannós :
CORA BLACKCAT – Cantante solista de Mos, Porriño.

THE JAVI BOMBIN EXPERIENCE – Cantautor Libertario de A Guarda.

THE PHANTOM DRAGSTERS – IntroSurf de Ourense

XEROCK PERCUSIÓN – Música e Discapacidade de A Guarda.

COSA DE TRES – Pop Rock de O Rosal.

THEE BOAS – Blues Garege Pantanoso de Ourense.

THE CHARRAN´S – Punk de A Guarda.

E tamén poderase disfrutar de dúas sessions de pinchadiscos a cargo de:

DJ SAPOCONCHO SEMPONCHO  sesión Funky e rock de A Guarda.

DJ FRAN MONK  sesión de Soul e Rock de A Guarda.

 Tamén disponeremos dun punto de recollida de alimentos non perecederos para  as familias mais necesitadas.

Todo é de balde, tan só pedimos a colaboración e solidaridade coa recollida de alimentos.


Organiza Música Nómada Eventos e Edicións e A.C. Sopadesobre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario