14 de maio de 2014

A GUARDA

¡¡REXILLA SOLTA…, PERIGO DE ESNAFRARSE!!


 Despois de pasar a Semana Santa en que a maioría das procesións ían acompañadas polo “desfile” das autoridades locais encabezadas polo Sr. Alcalde, para que ainda que algún membro do equipo de goberno municipal, -según comentario de varios veciños- tropezou no desnivel e estivo a punto de “esnafrar” o traxe novo.

¿Cómo é posible que pasasen nesas datas máis de catro veces polo lugar e ningún se percatara do estado desta rexilla? 



  Pero é máis, por ese lugar acceden tódolos días cos séus vehículos cando van para o concello, o Equipo de Goberno, os funcionarios e Policií Local, e é posible ¿Qué ninguén se entere?  

A deixadez e “mirar para outro lado” no que son especialistas os Concelleiros/as do P.S.O.E, veñen a demostrar unha vez máis que o séu proxecto e interés por facer algo polo pobo de A Guarda non existe e somentes están a espera de que se esgote o tempo desta legislatura, sin importar o retroceso industrial, comercial e hosteleiro local que estamos sufrindo, leve ao peche de moitos negocios e a emigración de un bó número de veciños/as.

   Para mostra un botón, xa que seguimos mantendo que unha imaxe dí máis que mil palabras, os feitos son tozudos e non dan ocasión de desmentir o que se está informando o pobo en xeral.

A Guarda, a 13 de Maio  do 2.014

     Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu” 
        Responsable Local de Converxencia Galega

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario