O STAND DA
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA RECIBIU MÁIS DUN MILLAR DE VISITAS EN ALIMENTARIA
BARCELONA EN DOUS DÍAS DE CELEBRACIÓN
· As degustacións de
galo de curral e de cacheira de cocido acapararon a atención dos numerosos
asistentes
O stand co que
asiste a Deputación de Pontevedra á feira Alimentaria Barcelona estreada o
pasado luns e que se desenvolverá ata o vindeiro xoves 3 de abril, consegue
acaparar o interese dos visitantes nas instalacións cos produtos que as 29
empresas da comarca dezana expoñen actualmente en primeira liña de batalla,
entre os que destacan carnes, produtos ecolóxicos, pan, mel, repostería, viño e
licores.
Nos dous primeiros
días de feira máis de 1.000 persoas pasaron pola caseta do organismo provincial
entre a 3.800 empresas expositoras das cales mil son estranxeiras. O inicio
amosouse moi satisfactorio para as empresas que conforman o Proxecto depoDeza; dende
a empresa Embutidos Lalinense, por exemplo, valoran de forma moi positiva a
feira debido a gran aceptación que tivo o seu novo produto parte de lacón con
grelos, contactando con cinco novos distribuidores e numerosas tendas de produto gourmet; a
falta de concretar numerosas xestións realizadas.
Por outra banda o
director comercial de Adegas Castrobrey viu superadas as súas expectativas
iniciais; a colleita 2012 de Nice to meet
you se rematou de vender hoxe e está a piques de esgotar existencias do Sen palabras 2012, cun 70 % dos palés
vendidos nestes dous días con destino aos Estados unidos e Sudamérica.
En canto ás
degustacións, o galo de curral e de cacheira de cocido acapararon a atención
dos numerosos asistentes, pratos estrela que se poderán seguir probando así
como os de chuletón de tenreira ecolóxica, roti de coello en pepitoria ou ovos
ecolóxicos con lascas de queixo curado e confitura de ata o vindeiro xoves.
Ningún comentario:
Publicar un comentario