4 de feb. de 2014

MOVEMENTOS SOCIAIS

OS AFECTADOS POLAS PREFERENTES DIRÍXENSE AO ALCALDE DO ROSAL PARA FACERLLE ENTREGA DOS RECURSOS ÁS SANCIÓN IMPOSTAS POLO REXEDOR  A TRAVERSO DO ORAL

Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño

Mañán mércores día  5, de dez e media até as doce da mañá, hai convocada unha concentración pola plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño ,diante do Concello do Rosal. Ao mesmo tempo os afectdos que foron sancionados entregarán os seus recursos dirixidos ao mesmo Alcalde que decidíu sancionalos, pois nos últimos meses afectados polas preferentes e subordinadas estamos sendo reiteradamente sancionados pola participación en protestas cidadáns esixindo unha solución xusta para os milleiros de vítimas desta estafa.
Tan só na provincia de Pontevedra as sancións suman xa máis de 17.000 Euros. Trátanse de sancións manifestamente arbitrarias e inxustas que só poden ser entendidas como un intento das autoridades gobernativas, neste caso , as sancións que veñen a traverso do ORAL, é un intento do Alcalde do Rosal de amedrentar a este colectivo e coaccionarnos mediante sancións adminitrativas irregulares e cargadas de falacias para que cesen as nosas protestas pacíficas.
Ante as últimas declaracións do rexedor do Rosal, temos que dicir que a Garda Civil do Baixo Miño informou á Plataforma do Baixo Miño, que a capacidade sancionadora é exclusivamente do Alcalde do Rosal, pois é o máximo responsábel do Concello. De non ser así, as sancións non serían tramitadas a traverso do ORAL, como é o caso, senón da mesma Dirección Xeral de Tráfico. Así pois está nas súas mans que estas mentiras fiquen retiradas.
É lamentábel  que os membros de plataformas na nosa loita exemplar pola devolución do 100%  dos nosos aforros, para poder recurrir estas sancións inexplicábeis, e así amosar a nosa veracidade, nos sexa case imposíbel, pois, coa nova Lei de tasas do Ministro Gallardón, se nos dobla a cantidade a pagar (para así poder recurrir no Contencioso) por cada sanción.
Porén levamos meses facendo un chamamento á sociedade para quen poida colaborar cos afectados, con un donativo no seguinte número de conta: 
BBVA 0182-4860-95-0201524927.
Os afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño queren agradecer a tódalas persoas, asociacións, organizacións, concellos, sindicatos, etc., que teñen colaborado para que os sancionados poidan acudir ao Contencioso e así amosar a verdade e denunciar tódalas falacias de que se nos te acusado sen causa algunha. 
Dicir tamén, que o que se está a recaudar é para poder facer fronte ao pagamento das tasas xudiciais e procuradores, pois xa hai avogados dispostos a colaborar connosco. No canto de que as sancións sexan retiradas ou arquivadas, como xa se deu algún caso, esa recolecta donaráse a unha ONG ou causa solidaria, o cal faremos público.
Ademáis das sancións inxustamente impostas lembramos que 35.000 afectad@s non recuperaron aínda todos ou parte dos seus aforros. En Galiza quedan sen recuperar máis de 500 millóns de euros. Uns 20.000 clientes non foron chamados ao arbitraxe, sendo casos semellantes aos xa resoltos.
O goberno do PP lexislou para legalizar esta estafa e reoubarnos parte dos aforros a traverso de quitas e trocos por accións, para axudar a rescatar á banca que nos estafou.
Novagaliciabanco foi rescatada con 9.000 millóns de euros pagados cos impostos de toda a sociedade. Unha vez saneada e dando beneficios, o goberno de Rajoy malvendeu á presa a un banco venezolano pola décima parte, sen solucionar a estafa das preferentes nin xulgar aos responsábeis. Todo un pelotazo!
A día de hoxe só está aberta a vía xudicial, que maioritariamente está dando a razón aos estafados.
Así pois esiximos unha solución colectiva que obrigue ao FROB e a NGB a devolver o 100% do estafado aos milleiros de clientes que non recuperaron tódolos seus aforros.

 (R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario