6 de feb. de 2014

FOTOGRAFÍA

GALIZA B/N PREPARA SÚA PRIMEIRA EXPOSICIÓN COLECTIVA

Será na Casa do Libro, en Vigo, do 1 ó 28 de marzo de 2014




Galiza Branco e Negro é un colectivo fotográfico xurdido en marzo do ano 2009, e integrado maioritariamente por afeccionados e algún profesional que teñen entre si como nexo común o gosto polo procesado en branco e negro e a súa relación con Galiza, ben sexa por teren nacido aquí ou por seren residentes.
O colectivo ten presenza nas redes sociais dende Flickr na súa orixe (http://www.flickr.com/groups/galizabn/), mais recentemente como grupo de Facebook (https://www.facebook.com/groups/galizabn/), e próximamente con conta en Twitter, blogue en Tumblr e páxina de Google+.
Ao longo destes 4 anos, o colectivo foi desenvolvendo actividades esporádicas, fundamentalmente quedadas fotográficas, ademáis da publicación nas redes sociais das obras dos seus compoñentes. Deste xeito, foi medrando tanto en número de membros como na calidade das obras compartidas, o cal motivou a plantexar a organización dunha exposición colectiva que permitise divulgar a fotografía dende o punto de vista de uns simples afeccionados moi cercanos ao espectador.
Deste xeito, fíxose unha escolma de 40 obras de 40 autores diferentes, que, unha vez impresas, estarán en xira por toda a xeografía galega e do norte de Portugal, a partires de marzal do ano 2014.

TEMÁTICA
A temática das obras escolmadas é libre. A característica común a todas elas é que foron porcesadas en branco e negro.

FORMATO
As diferentes fotografías están impresas sobre papel potográfico nun formato de como máximo 75 cms. polo seu lado mais longo, e montadas sobre soporte ríxido de PVC de 5mm. con colgadores e protexidas cun laminado mate. O formato mais habitual será de 50 x 70 cms.

AUTORES
As 40 obras pertencen a 40 autores distintos, todos nados ou residentes en Galiza. Si ben se conta con algúns fotógrafos profesionais entre a escolma, a grande mayoría son afeccionados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario