4 de feb. de 2014

AMORÍN (TOMIÑO)

II CURSO PRÁCTICO DE COCIÑA EN AMORÍN


                      Asociación Veciños de Amorín / Tomiño


             A Asociación Veciños de Amorín, organiza un curso de cociña, que se impartirá todos os sábados dos meses de marzo, abril e maio.

          Este curso está aberto a todas as persoas que desexen participar. O número máximo de prazas para inscribirse neste curso, é de 20. As prazas adxudicaranse por estrito orden de apuntamento.

           O comezo do curso será o sábado 1 de marzo e remata o sábado 24 de maio.

            Este curso que se impartirá en Amorín, terá un carácter totalmente práctico.

               O custo total do curso é de 50 euros para os socios da Asociación e para todos os socios das asociacións que pertenecen a Federación Terramiño, e 60 € para os que non son socios.

            Para inscribirse:
            - Na páxina www.damorin.es dentro da pestana “contacto”.
            - Ou no teléfono 698 170 778.
            - Ou tamén no correo damorin@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario