21 de feb. de 2014

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA

PARA REIRSE SE NON FORA COUSA SERIA!


               Unha vez máis, e xa van moitas, atopamos unha demostración do abandono e deixadez municipal do Equipo de Goberno do Concello de A Guarda, co Sr. Freitas á cabeza, que cada pouco sae nos medios de comunicación “predicando séus milagros” e logo a tozudez da realidade, nos demostra as súas rogativas e prédicas non son realidade.

            Nestes días en que veciños/as están preparándose para participar nas convocatorias para os postos de traballo convocados dende o Padroado Municipal Monte de Santa Trega, con sorpresa e indignación, vemos que o recomendarlles que accederan as páxinas do Concello para recoller información de este ente municipal, podemos observar como na composición do mesmo, aparecen concelleiros que hoxe non forman parte da Corporación, (algún deles xa falecido fai case dous anos), grupos políticos que non se presentaron nas últimas eleccións municipais, representantes de Comunidade de Montes, Consellerías e mesmo da Deputación que nada teñen que ver ca actualidade.

   Polo tanto dende o Concello están recomendando unha información que non é valida, nin é veraz, non sabemos si é dun xeito intencionado, ou non, pero dende logo é unha forma de engallar ós veciños que van tomar parte neste proceso selectivo.

          Despois de escoitar as queixas destes veciños, no día de hoxe (19-02-14) cando estamos cerca dos TRES (3) ANOS de funcionamento da actual Corporación Municipal, este Ente Municipal aparece igualiño que na anterior legislación (2007 a 2011), e iso que temos Concelleiro de Novas Tecnoloxías, técnicos informáticos na nómina municipal, etc.. Temos de todo pero ninguén fai nada, o equipo do PSOE é como un ordenador “colgado” que ficou parado nun intre temporal, e non é capaz de avanzar.

            A folla que acompañamos a este escrito, foi impresa no día de hoxe a media mañán, e forma parte da ventá da páxina municipal oficial. Outro exemplo máis da inutilidade deste goberno municipal.   
  
  Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
A Guarda

PREMER EIQUÍ PARA ACCEDER Á UN DOS EXEMPLOS DE INFORMACIÓN RECESA QUE OFRECE Á PÁXINA WEB DO CONCELLO DE A GUARDA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario